19.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Evacuada unha persoa ferida nun accidente en San Cosme de Antes


O condutor do turismo tivo que ser evacuado en aeronave ao Hospital Clínico de Santiago segundo informan desde a central de Emerxencias AXEGA 112.


Informaron ademáis que a colisión entre o turismo e un camión produciuse ás 15:30 horas desta tarde, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda.


As mesmas fontes sinalaron que co fin de proporcionar a axuda necesaria, activáronse os protocolos correspondentes para a mobilización dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos Bombeiros do Xallas, membros do GES de Noia, voluntarios de Protección Civil de Mazaricos e axentes da Garda Civil de Tráfico.


Finalmente, o ferido estaba liberado e accesible, pero necesitou asistencia médica urxente, polo que a dotación sanitaria acudiu a bordo do helicóptero con base en Santiago.Neste recurso trasladouse o doente ao Hospital Clínico de Santiago.


A colisión tivo lugar na AC-441, ao paso pola parroquia de Antes, na estrada de Muxía a Santiago, no concello de Mazaricos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos