12.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

O Partido Galego preséntase en Ponteceso con Juan Vidal como candidato

A actual concelleira Raquel Fondo forma parte do equipo de traballo.

O Partido Galego presentará candidatura no concello de Ponteceso. O candidato será Juan Vidal Torrado, natural de Corme e persoa vencellada ao asociacionismo no concello. Foi un dos impulsores da Semana Santa da localidade percebeira e traballa no sector dos seguros.

Presentación na Discoteca Teyma

A presentación será este venres 17 de marzo, na Discoteca Teyma de Ponteceso, ás 20h.

No equipo de traballo de Vidal Torrado (formado por máis de 30 persoas) está a actual concelleira Raquel Fondo Pérez (Tella), Fernando Castro Andrade (Tallo), Tania Rabuñal García(Pazos), María Josefa Ordóñez( Niñóns), Lorena Oreiro Varela (Xornes) e Xosé Manuel Abelenda(Xornes).

Desde o Partido Galego sinalan que afrontan as eleccións con optimismo “e con gañas de contribuir ao cambio necesario despois dunha lexislatura para esquecer”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos