Carolina Castiñeiras Brandón será a candidata do BNG á alcaldía da Laracha nas eleccións municipais do próximo ano, despois do aval recibido pola militancia.
Esta veciña de Paiosaco, iniciou a súa actividade política como responsable de Muller en Galiza Nova. É concelleiro desde o ano 2007.A nivel persoal tamén pertence a xunta directiva de Asarga (Asociación de Sarcomas de Galicia).
“Son concelleira do BNG e desenvolvo ese labor con intensidade e implicación. Agora asumo a responsabilidade de encabezar a candidatura do BNG nas vindeiras eleccións, ofrecendo un proxecto de concello que mude as políticas desenvolvidas polo PP nos últimos anos e beneficie realmente a nosa veciñanza” declarou.
Carolina Castiñeiras Brandón asegura asumir o nomeamento con “enorme ilusión” co obxectivo de de liderar o avance do BNG na Laracha.
Agradece o traballo do actual portavoz e responsable local, Xoán Sande, que “ será unha das pezas fundamentais do equipo de traballo electoral”.