“A Aula de Paula” e unha academia que leva aberta un par de meses na Rúa Rosalía de Castro de Santa Comba. A súa responsable participou nunha entrevista na sección de empresas de Radio Xallas.
Paula Capelo tiña clara a súa vocación desde moi noviña.”Desde pequena sempre quixen ser mestra e xa xogaba a iso”.
Son tempos complexos pero hai que mover ficha: ”Eu doulle demasiadas voltas a todo e ademais estamos nun momento difícil, pero tiña claro que este era o meu camiño, ou apostaba agora ou non o facía nunca”.
“A Aula de Paula” ofrece clases de reforzo académico e apoio escolar en toda a primaria e en 1º e 2º da E.S.O. Contoume que “Moitos pais nos últimos cursos queren que os rapaces leven unha bosa base, e todo ben consolidado para o instituto”.
Paula Capelo é sinceira:”Non teño unha fórmula máxica pero conmigo van a traballar. Penso que a fórmula é o traballo”. Outra característica é que “aposto pola individualidade co que precisa cada neno”.
E cada persoa é un mundo. “Si, cada neno é distinto e ten as súas habilidades”. Actualmente “o maior problema é o da comprensión lectora” engade.
Se queres escoitar a entrevista completa, está neste podcast a partir do minuto 148