9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

En marcha o tren turístico de Muxía

O tren turístico xa opera en Muxía con dous itinerarios e unha gran acollida por parte do público visitante. Pódense percorrer os principais puntos do municipio, con destacados traxectos ata a Barca ou o Parador.

Traxectos do tren turístico de Muxía

No primeiro, máis curto e cunha duración aproximada de 20 minutos, circularase polo Porto, o Coído, a zona da Pel, o Santuario da Virxe da Barca, o Paseo e con chegada novamente ao Porto. Os horarios dispoñibles, ás 11:00 horas, 13:00 horas e ás 17:00 horas. As tarifas serán de 3 euros os adultos e 1,5 euros nenas e nenos.

Durante o segundo traxecto, cunha duración estimada de 60 minutos, percórrense o Porto, a zona da Camposa, Arliña, o Parador, o Coído, o núcleo urbano de Muxía, a zona da Pel, o Santuario e novamente o Porto. Os horarios dispoñibles serán ás 12:00 horas, 14:00 horas, 16:00 horas, 18:00 horas e 19:30 horas. O prezo: 7 euros para os adultos e 3,5 euros para a rapazada.

O alcalde destaca o momento turístico

Solo se permitirá un transbordo na mesma parada na que se fixera unha baixada previamente. Estará operativo de luns a domingo durante todo o verán, ata finais de setembro.

O alcalde, Iago Toba, sinala que “Muxía está a vivir o mellor momento turístico e o importante é atraer empresas e fixar poboación nova mediante oportunidades que ofreza o sector. O tren turístico é un atractivo máis, ao nivel do das grandes cidades como Santiago ou Vigo e fíxose posible grazas á colaboración entre Concello e a empresa que empresta o servizo”, afirma o rexedor.

Fonte- Concello de Muxía

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos