10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

O PSOE de Muxía recupera o Xantar de Ponteconstante

O PSOE de Muxía recupera, tras varios anos sen celebrase, a tradicional e histórica churrascada dos socialistas de Muxía en Ponteconstante.


A actual dirección do partido, liderado polo alcalde, Iago Toba e os dous concelleiros, Olalla Benlloch e Javier Romar, traballaron por recuperar esta tradicional xuntanza que levaba varios anos sen celebrarse, incluso antes da pandemia.


Instalaranse carpas para que, no caso de choiva ou inclemencia meteorolóxica, as persoas asistentes poidan gozar dunha xornada única e agradable.


“Temos a ilusión de xuntar a moitas persoas e recuperar o que é unha celebración cargada de simboloxía e tradición para o noso partido, tanto pola súa historia como polo especial da contorna que engloba Ponteconstante”, destacou Toba.


Desde a dirección do partido tamén esperan que esta “sexa unha edición histórica en número de asistencia e, polo de agora, a resposta e a acollida da xente está a ser moi boa”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos