9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Ara Nieto busca seguir adiante no “Recantos” do “Luar”

Tod@s a apoiar a recanteira da Costa da Morte no concurso “Recantos” do Luar da TVG. Ara Nieto volverá a actuar na noite deste venres 11 de marzo (sobre as 00:30h).A artista de Mazaricos pasaba esta semana polo programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Podes escoitar aquí a entrevista a partir do minuto 58.

Ara Nieto leva enganchada á música desde moi cativa:“Empecei a cantar coa miña avoa que me ensinou a cantar a Rianxeira en Londres. A xente non entendía nada”.Xa en España vencellouse a grupos de pandereteiras, e recibiu clases de canto e tamén de violonchelo:”Estou moi unida ao mundo da música. Cantar é o mellor traballo”.

Actualmente Ara Nieto canta na Orquestra Principal de Mondoñedo. E está moi ilusionada coa súa participación no “Recantos” do Luar”:“Está sendo unha experiencia marabillosa. Coñecín a xente moi boa. É certo que hai presión pero ó estar rodeada de tan bos compañeiros, iso queda nun segundo plano. Disfrutas e aprendes. Eu viña a aprender e saír un pouco das zonas de confort”

Confesa que lle levou “moito tempo” decidirse a participar neste concurso:”Levoume un par de anos sentirme o suficientemente segura”. Agora afronta una nova fase con moita ilusión e toda a súa arte que non é pouca.

MOITA SORTE ARA 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos