O deputado socialista Martín Seco lamentou que o Partido Popular votara en contra e o BNG se abstivera nunha proposición non de lei referida a XEAL, presentada polo PSOE e que era “unha iniciativa positiva para todos”.
Entrevista a Martín Seco- Desde minuto 15
“Non entendemos como o BNG tomou esa posición tan estraña”
En declaracións ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas confesou “un certo disgusto” pola falta de respaldo a esta proposta. Cualificou de “incomprensible” do BNG que “incluso chegou a acusar aos alcalde socialistas de blanquear a empresa por conseguir fondos de apoio para amaños nas infraestruturas”.
Seco García dixo que mentras os nacionalistas lanzaban estas críticas no Hórreo, en Cee o voceiro municipal solicitaba estas melloras.”É hora de buscar solucións e menos facer política partidista municipal.Non entendemos como o BNG tomou esa posición tan estraña”.
A Xunta, ocultando información
O deputada pensa que “a clave da posible solución é esa sentenza, moi boa para os intereses da comarca e que non se siga destruíndo emprego”.Insiste que a Xunta de Galicia ten que ter outra actitude xa que é preciso saber “cales son os criterios mínimos da actividade industrial”, xa que se corre o risco de que cun interese no negocio hidroeléctrico se deixen as ferroaliaxes “nuns mínimos”.
Desde o PSdeG pensan que XEAL funciona “como unha maquila de Ferroglobe”, e que se está ocultando información. “Tanto secreto da a entender que algo ten que esconder a Xunta”.