5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Apoio á hostelería de Ponteceso

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo de 200 km que une Malpica de Bergantiños con Fisterra, que ten o mar como o maior protagonista e que pasa por todos os faros e polos principais puntos de interese da Costa da Morte: praias, dunas, ríos, acantilados, bosques, esteiros, mares de granito, castros, dolmes, vilas mariñeiras, miradoiros cara ao mar que rompe de todas as formas posibles, aldeas atemporais, restos arqueolóxicos, grandes pedras, paraiso ornitolóxico, típicos portos pesqueiros, postas de sol únicas e moita maxia.

Os camiñantes recoñecen que esta ruta os leva a un mundo de sensacións únicas. E só se pode gozar aquí, na Costa da Morte. A segunda etapa da ruta percorre o concello de Ponteceso, pasando polos cantís do Roncudo e toda a desembocadura do río Anllóns coas dunas da Barra. É responsabilidade do Concello de Ponteceso manter en boas condicións o percorrido por respecto aos camiñantes pero tamén porque o Camiño dos Faros é unha fonte de riqueza para o sector servizos. Hoteis, restaurantes, supermercados e mesmo o demais comercio teñen nos camiñantes unha fonte de ingresos á que non poden nin deben renunciar.

Recentemente chegáronnos queixas dos establecementos que reciben aos camiñantes que lles trasladan o seu malestar polo mal estado da ruta na etapa que percorre o concello de Ponteceso: o camiño cheo de toxos e ás veces con dificultades para recoñecelo pola grande cantidade de vexetación que non permite saber nin onde se poñen os pés nin ver a sinalización da ruta. Coñecementos que nalgún establecemento hoteleiro de Ponteceso pernoctaron no ano 2020, en plena pandemia máis de mil camiñantes e que este ano as previsións eran maiores ata que o mal estado da ruta se fai público nas redes sociais ou por outros medios.

Non vale de nada que o alcalde de Ponteceso presuma da marabillosa ruta que percorre o noso concello, de nada serve que diga nos medios de comunicación que o Camiño dos Faros é unha fonte de riqueza e invite a vir coñecela se non cumpre co seu compromiso de mantela en boas conducións para os camiñantes. Non vale de nada que participe nun plan para manter viva a ruta, se logo os camiñantes non poden camiñar pola ruta.

Aproveitamos para mostrar o noso agradecemento á Asociación O Camiño dos Faros polo traballo desenvolvido, por dar a coñecer o noso patrimonio paisaxístico, cultural e gastronómico así como pola loita por conseguir darlle unha legalidade e unha seguridade á ruta mediante unha homologación que non chega por parte da administración correspondente.

Desde aquí instamos ás administracións implicadas (concellos polos que pasa a ruta, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia) así como á Federación Galega de Montañismo a que colaboren da forma que lles corresponde e que entendan que do futuro da ruta depende o futuro das persoas e dos negocios da Costa da Morte.

É contraditorio que lle outorguen ao Camiño dos Faros o Premio Galicia de Turismo Sustentable e logo non se homologue. É contraditorio que vaiamos vender o Camiño dos Faros en feiras de Turismo nacionais (Fitur) e internacionais (Italia, Francia…) e logo o Camiño estea nas condicións nas que está no seu percorrido polo concello de Ponteceso. É vergonzoso que entidades mundiais, revistas do peso de Forbes, que Booking cree unha rexión «Camiño dos Faros» ou que a World Trails Network (asociación que agrupa as mellores rutas do mundo) seleccione o Camiño dos Faros para formar parte do magazine «Trail & Beyound» se logo as nosas administracións non coidan tan grande fonte de riqueza.

É vergonzoso que teñamos un medio para evitar iso que chaman a «España vaciada», que teñamos un medio para evitar a despoboación de Ponteceso e quedemos de brazos cruzados ante a pasividade do alcalde de Ponteceso que permite o estado de abandono no que está o camiño na etapa que atravesa o noso concello.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos