15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

David Barbeira:”Non sabían a decisión que ía a tomar eu pero xa tiñan a moción de censura preparada”

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, asegura que sabía que PP e PSOE “levaban tempo negociando” unha moción de censura, algo que se confirmou este martes:”Non sabían a decisión que ía a tomar eu pero xa tiñan a moción preparada. Asinaron unha moción de censura pero de momento poden pasar moitas cousas” sinalou.

Entrevista a Barbeira- Desde o inicio do audio

Acusa a Ucha de enganar aos votantes do PSOE

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada”, de Radio Xallas, o actual mandatario destacou que José Antonio Ucha “despois de 18 anos quitou a máscara” e demostrou que “é o máximo aliado do PP. Enganou aos votantes do PSOE. Non pode seguir dándolle as alcaldías ao PP, ás escondidas. Ten que desenmascararse”.

Foi moi crítico co seu socio de goberno durante estes dous anos:”Sempre quixo facerse a vítima castigando ós demais. O único que fai é insultar. Non lle importa que os demais sufran”.Confesou Barbeira:”Pasei dous anos nun inferno bastante duro con xente que non ten contemplacións á hora de intentar humillar ou machacarte”.Quixo agradecer  o afecto e o traballo “da gran maioría dos empregados municipais”.

Críticas a María Pose

Tamén criticou a futura alcaldesa á que relacionou cuns audios que circulan:”Dentro de 15 días imos ter unha alcaldesa que, ollo, coidado o que se fala con ela porque como xa sabedes, grava conversacións privadas e non lle tembla o pulso á hora de publicalas”.

David Barbeira pediulle :”Se son valientes, que non o son, poñan o audio completo ou ten medo a esconder algo”. Tamén criticou que “quere colgarse a medalla” do treito da estrada de Santiago cando ““foi grazas á xestión de Antonio Landeira cando foi alcalde”.

«Nunca se traballou tanto nas aldeas»

Dixo que se “entregara en corpo e alma” ao concello pero que estivo só, afrontando incluso unha pandemia. “Tiña os meus proxectos pero era imposible falar nada co sr Ucha que é un estratega mentindo”.

Informou que estaba presentado na Xunta o proxecto do Centro de Día e tamén preparaba a renovación “total” da nosa praza. “Nunca tanto se traballou nas aldeas e a xente sabe o que hai” engadiu.

“Teño un compromiso grande co meu pobo e loitarei ata o final”, afirmou, precisando que agora necesitaba descansar.Insiste que “esta moción non ten xustificación”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos