C.M.-
Ninguén dubida que as redes sociais son unha potente ferramenta de comunicación. Nin que a política ten moito de escenificación e tamén estratexia.O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, xa ten difundido mensaxes en vídeo en distintos escenarios. Neste caso compartiu unha vídeo-reflexión pasando o ferro.
“Temos que movernos. Ningún concelleiro nos pode roubar o futuro. Hai que moverse polo que un quere” manifestaba García, lembrando distintas reivindicacións da veciñanza de Ponteceso.
Como pano de fondo a situación controvertida que se vive en Ponteceso, que se nada o impide, perderá os fondos do Plan de Obras e Servicios. Nunha semana na que unha plafatorma veciñal mantiña unha xuntanza co Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira. Teñen previsto convocar aos grupos políticos para tantar buscar unha solución.