13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Gonzalo Caballero comprométese a trasladar as demandas da Costa da Morte “á mesa de todos os gobernos”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou a Costa da Morte. Iniciou o seu periplo nun dos feudos socialistas, o concello de Camariñas. Alí fixo fincapé “no traballo do goberno local en defensa dos veciños e das veciñas” e destacou que “ten paixón, capacidade de xestión e un magnífico equipo”.

Conversou coa alcaldesa, Sandra Insua, e con membros do goberno, e escoitou as inquedanzas da alcaldesa, entre elas a necesidade dun paseo marítimo, petición agravada polas inundacións de vivendas na Avda da Coruña.

Outras demandas refírense a sanidade, infraestruturas e transporte público.  Gonzalo Caballero afirmou:“Levaremos os proxectos importantes para Camariñas e para toda a bisbarra á mesa de todos os gobernos”.

Tamén fixo alusión ao “proxecto persoal” da alcaldesa para recuperar a antiga lonxa e convertela nun museo, o dos naufraxios, que será “un referente en toda Galicia”. Gonzalo Caballero estivo tamén en Fisterra co alcalde, José Marcote; en Dumbría, co rexedor, José Manuel Pequeño; e visitando Corcubión co alcalde, Manuel Ínsua.

O secretario xeral do PSdeG puxo o foco tamén na importancia de que nesta fase da desescalada se poñan sobre a mesa axudas para os sectores afectados pola pandemia.

Por iso destacou a aprobación por parte do goberno de España dun paquete de 11.000 millóns de euros para contribuír cos autónomos e as pemes, que destina 7.000 millóns a axudas directas.

“Mentres a Xunta escatima, o goberno pon en marcha o paquete de axudas máis grande da historia”, remarcou Gonzalo Caballero, antes de apostilar que a contía que virá a Galicia supón aproximadamente “o dobre” en axudas directas do que puxo a Xunta dende o inicio da pandemia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos