O deputado autonómico do BNG, Daniel Pérez López, reiterou no programa radiofónico “Na Encrucillada”(Radio Xallas) a súa oposición ao proxecto eólico de Monte Chan que significaría “unha ferida no corazón dos Penedos de Pasarela e de Traba”, que teñen “un increíble potencial”.
Entrevista a Daniel Pérez- A partir do minuto 76
Para o deputado carballés “a implantación do parque éolico de Monte Chan suporía un golpe durísimo e a desaparición dunha paraxe incomparable”.Xunto cos deputados Mercedes Queixas e Luís Bará, visitou fai uns días a zona acompañado tamén por dirixentes do BNG de Vimianzo, Laxe, e Camariñas, de Adiante Vimianzo, da Semescom e da plataforma SOS Penedos.
Non obviu que sendo importante este proxecto, o debate vai máis alá “pola proliferación descontrolada deste tipo de parques, obedecendo a criterios economicistas”. Avanzou que o BNG vai “plantexar cantas iniciativas sexan necesarias” para defender os intereses veciñais.
Lei Galega de Saúde e axudas a hostalería
Daniel Pérez tamén criticou a Lei Galega de Saúde que serve para “restrinxir dereitos fundamentais”, e que despois de ser “tramitada sen diálogo” para os nacionalistas “non vai mellorar o sistema sanitario público nin a saúde das galegas e dos galegos”.
Referiuse ademais as protestas en Bergantiños e na Costa da Morte do sector da hostalería e aínda que considera que é “imprescindible” adoptar medidas estas “deben de vir acompañadas de axudas tan pronto se publican no DOGA as restriccións”.