13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

O PP de Ponteceso insiste:“Temos toda a intención de aprobar o POS, pero é condición indispensable que o alcalde dimita”

Este mércores hai pleno no concello de Ponteceso e ante o plan que previsiblemente presentará o alcalde, o Partido Popular declara:“Nós temos un plan que conta co respaldo da maioría da corporación, xa que os edís non adscritos están con nós, e o presentaremos para a súa execución en canto o alcalde deixe o seu cargo”.

O portavoz do Partido Popular de Ponteceso, Daniel García Cotelo, asegurou que, se é necesario, forzará a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar de aprobar o Plan de Obras e Servizos de Deputación da Coruña, dotado con 758.000 euros e que non obtivo polo de agora o respaldo da corporación municipal. 

DIMISIÓN POLO BEN DOS VECIÑOS

Pensa que a renuncia de Carballido sería “polo ben dos seus veciños” e “porque aínda estamos a tempo de recuperar o tempo perdido”. O portavoz popular afirma:“Nós temos toda a intención de aprobar o Plan de Obras e Servizos, e aínda temos tempo segundo dixo o presidente da Deputación aquí en Ponteceso, e para iso temos traballado ata agora e contamos co apoio da maioría da corporación. Pero é certo que chegados a este punto é condición indispensable que o alcalde dimita”.

Os populares pensan que a proposta do PSOE  «non é máis que unha artimaña para ter diñeiro na caixa e pagar favores”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos