14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

García Cotelo:”O señor Lois foi o que montou todo este cisco. Él é o culpable”

Para o portavoz do Partido Popular de Ponteceso non hai outro responsable da “situación indignante” na que está o concello que o propio alcalde:”O señor Lois foi o que montou todo este cisco.Él é o culpable”.

Daniel García Cotelo lembra que “está en minoría absoluta e ten que falar coa xente”, pero critica a actitude de Carballido xa que “ten que ser o que diga él”.

Entrevista a Daniel García- Desde minuto 34

Sobre o posicionamento do PP no último pleno falou no programa radiofónico “Na Encrucillada” en Radio Xallas:“Nós pedimos non meter tanto gasto e máis obras e servizos. E o que fixo foi meter máis gasto xeral e menos obras. De 751.000 euros, só 47.000 euros en obras”.

Acusa ao mandatario socialista de cambiar a proposta da comisión despois no pleno. Asegura que foi unha decisión meditada, pero todos os xeitos o problema está no propio PSOE:”O mesmo día expulsou a cinco concelleiros”comenta. E polo tanto “aínda que nós abstivéramos non cambiaba nada”.

“ Somos os que vivimos aquí e coñecemos a situación do concello”

Cotelo está convencido que a solución intelixente e “dun servidor público” sería abandonar a alcaldía. Apunta que a polémica do vídeo “foi o punto de non retorno”.

Sobre o publicado en alusión a un suposto malestar no seo do PP, García Cotelo afirmou “Ninguén do PP nos dixo absolutamente nada. Foi unha decisión do PP de Ponteceso. Somos os que vivimos aquí e coñecemos a situación do concello”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos