13.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Óscar Chao:”A inclusión do lobo no LESPRE é positiva, aínda que o proceso debería ser máis participativo”

A proposta da “Comisión Estatal para el Patrimonio Natural y de la Biodiversidad” para incluir ao lobo no Listado de Especies Silvestres en Rexíme de Protección Especial, está xerando distintas reaccións.

Nós quixemos recabar a opinión de Óscar Chao Penabad, coordinador do Proxecto Rebinxe e coñecedor do lobo.

En primeiro lugar fíxonos unha valoración sobre o acordo adoptado:

“Consideramos a inclusión no LESPRE como positiva, aínda que o proceso debería ser máis participativo. A nivel de conservación da especie en Galicia cambiará pouco, e o problema do furtivismo que representa a inmensa maioría da mortalidade non natural da especie segue sen solucionarse. Necesítanse máis recursos humanos e materiais para a vixilancia e protección da natureza”.

E de seguido afondou nas medidas de protección do lobo:

“Consideramos que as medidas de protección dunha especie coma o lobo que xera conflito te que implicar e involucrar á poboación local, non debe ser unha estratexia homoxeneizadora e centralizada, senón que debe adaptarse aos contextos locais e ir acompañada de medidas de carácter social e económico que melloren as condicións de vida ro rural galego”.

Óscar Chao tamén participou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, onde falou sobre este tema, sobre a situación actual do lobo (cunha poboación estable en Galicia), e outros temas. Podes escoitar desde o minuto 86 deste audio.

 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos