13.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Acusan á Xunta de difundir información falsa sobre o gromo de Covid-19 de Vimianzo

A CIG-Saúde desmentiu as informacións que sinalan á orixe do gromo de Covid-19 no centro de saúde de Vimianzo nun contaxio detectado “na sala de descanso” do recinto, e que  “as persoas que non son asiduas a esta sala non manifestaron sintomatoloxía ou directamente deron negativo”.

Afirman que está informacións “non concordan co ocorrido no centro” e non aforran crítica contra a Xerencia  da Área Sanitaria da Coruña-Cee:“De novo, ante a imposibilidade de filiar o contaxio nun centro, se alude á falta de precaución por parte das e dos profesionais, botándolles a culpa da transmisión do virus, e tachándoas/os de irresponsábeis fronte á poboación do concello”.

Piden unha desculpa pública á Xunta

Desde a CIG “esiximos da Xerencia unha desculpa pública, xa que os e as profesionais que están a prestar servizo no centro de Vimianzo non merecen este escarnio público».

Pensan que as declaracións son “inaceptábeis” e ofrecen unha imaxe errónea das profesionais do centro. A responsábel da CIG-Saúde da Coruña, Lucía Peón, explicou que  nos días previos ao contaxio, o colectivo de profesionais do centro xa alertou da alta carga de traballo que tiñan, mais «non só non se lles deu solución e se seguiu sobrecargando, senón que agora se transmite á poboación unha mensaxe de profesionais que non atenden e se contaxian na sala de descanso».

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos