13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

O concello de Mazaricos convoca axudas para estudantes

O concello de Mazaricos destina 12.100 euros a través dunha convocatoria de axudas para os veciños que cursen estudos de bacharelato e formación profesional (FP básica e Grao Medio) fora do termo municipal.

Uns 2.100 euros son para libros e material didáctico complementario e 10.000 euros para desprazamentos.As persoas interesadas teñen quince días (hoxe publicáronse as bases no Boletín Oficial da Provincia) para presentar as solicitudes.

Segundo o concello de Mazaricos “o importe máximo da subvención para cada un dos solicitantes admitidos será de 60 € no caso de axuda para compra de libros e material didáctico, e de 275 € no caso de axuda para desprazamentos. En caso de que a suma de tódolos importes supere o crédito reservado para tal fin, efectuarase un prorrateo entre tódalas solicitudes”.

Ruta das Fervenzas

O concello organiza esta sábado unha Camiñada á Fervenza de Gosolfre, incluida na Ruta das Fervenzas de Mazaricos

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos