9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Caos no concello de Camariñas pola xestión das obras, denuncia o BNG

O BNG de  Camariñas denuncia “o caos en que se converteu o concello por unha nefasta planificación das obras en varias parroquias”.

Aclaran que eran actuacións necesarias, pero que moitas delas como as da ponte de Ponte do Porto ou a rúa Nova de Camelle “teñen retrasos acumulados considerables” e entenden que a súa execución durante o verán ocasionan “moitas complicacións no tráfico” tanto en Camelle coma na Ponte do Porto “deixando unha pésima imaxe de cara o turismo, sector que xa ven padecendo esta grave crise e que isto ven a crearlle máis dificultades ao sector da hostalaría e comercio do noso concello”.

Os nacionalistas denuncian que ademais “a sinalización e moi deficiente”, que chegaron a orixinar “algún que outro dano considerable a vehículos e tamén donos as persoas sufrindo caídas e golpes de diversa consideración”.

O BNG tamén pensa que “o propio desenvolvemento das mesmas deixa moito que desexar, causando danos ás propiedades nos lugares onde se están a executar as obras”.Aproveitan para reclamar outras melloras necesarias como a pista de Mourín que vai a Reira ou a de Lingunde.

Por outra banda, desde o BNG de Camariñas denuncian o mal estado dos parques infantís e das instalacións polideportivas, e citan o parque de Arou ou palco da música de Camelle.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos