12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

A Costa da Morte non se esqueceu de homenaxear á Virxe do Carme

Fotos-Víctor Hugo

Sen grandes festas. Con máscaras e distancia social. Sexa como sexa a Virxe do Carme ten unha conexión moi potente coa Costa da Morte e o seu día non pode pasar por alto.

En Camariñas, Corme, Corcubión ou Cee celebraron esta xornada con diferentes actividades. Na vila dos encaixes, non faltou a “Danza de Arcos” para acompañar á imaxe mariana desde a capela  ata o peirao, con música de gaita.

Tamén houbo procesión marítima ata Muxía, pero sen os barcos ateigados como noutras ocasións. E a ofrenda floral na memoria dos falecidos no mar.

Antes houbo dúas misas e un recoñecemento aos membros da agrupación local de Protección Civil, nomeados “camariñáns de honra” porque “deron cobertura á totalidade da poboación de Camariñas durante os momentos mais duros do confinamento obrigatorio e seguiron co seu traballo ordinario na vida privada ou no servizo público; estenderon a xornada laboral ate o límite”. Houbo música de charanga durante o serán.

En Corme houbo misa no “galeón” que homenaxea ao Almirante Mourelle que se converteu nun altar. Tamén houbo ofrenda floral.Corcubión foi outro dos puntos con misa, procesión e a música da banda de música de Cee.

En Cee, as celebracións tiveron lugar pola tarde co traslado da imaxe mariana desde a igrexa parroquial ata o paseo marítimo onde se oficiou o acto litúrxico. Ao acabar, retornouse ao templo coa música dun grupo de gaitas. 

Fotos: tres primeiras de Camariñas, as dúas seguintes de Cee

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos