8.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 30, 2022

O PSOE acusa a Ethel Vázquez de «poñerse de perfil» coa conexión ao Polígono de Vimianzo

O candidato número 3 do PSOE pola Coruña, Martín Seco, O candidato pola Coruña Martín Seco acusa á conselleira de Infraestructuras de “poñerse de perfil” e non dar solución “á necesidade de impulso económico da comarca”, logo de 11 anos de abandono por parte do goberno da Xunta.

Nunha entrevista coa alcaldesa, Mónica Rodríguez, o candidato trasladou o compromiso do PSOE coa redacción, en colaboración con outras administracións, “dese tan necesario proxecto de conexión do Corredor da Costa da Morte co parque empresarial de Vimianzo”.

Competencia autonómica

Martín Seco lémbralle á conselleira que, dentro do ámbito das súas competencias en materia de estradas, a Xunta proxectou esta actuación para a execución da prolongación da Autovía da Costa da Morte, no tramo que presta servizo ao municipio de Vimianzo e a outros como Camariñas.

Considera que “é evidente a competencia autonómica, e no seu caso, local, para cuxa mellor proxección esixirá un labor de coordinación e cooperación entre administracións titulares”Estivo acompañado polos tamén candidatos Encarna Liñeiro, Begoña Rodríguez e Javier González Trillo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos