//Xosé Manuel Lema//
Os veciños das Touzas, na parroquia de dumbriesa de Olveira senten “impotencia” pola situación que están a vivir. Como explicou un deles, Xosé Manuel Caamaño, na sintonía de Radio Xallas o pasado 21 de decembro as adversidades meteorolóxicas provocaron a caída dun dos postes telefónicos do lugar. Outro quedou medio derrubado, e ao día seguinte o impacto dun camión tamén o tirou.
Aquí comezou un rosario de chamadas telefónicas e partes de incidencias ao servició técnico de Movistar. Nun principio seis veciños quedaron sen servizo de teléfono fixo e sen ADSL. Agora xa son catorce.
“No servizo de atención ao cliente non dan solución. Seguimos igual. Cada veciño temos máis de tres ou catro partes e máis de vinte chamadas pero non vemos unha saída”.
E van máis de nove meses. O único consello que recibiron foi pasarse a telefonía móbil para non estar incomunidados ou ao servizo Movistar radio, que non ofrece un servizo que lles convenza.
Hai xente maior que quere o tradicional teléfono fixo. E tamén algún negocio que non pode usar a ADSL. Piden ser atendidos e critican a “deixadez” da compañía telefónica, ao non dar unha resposta efectiva despois de tanto tempo.Na localidade veciña de Vilar de Olveira “as liñas están tiradas polo chan”