7.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Protestan por unha campaña da Xunta contra o furtivismo nunha praia pechada ao baño por mor da contaminación

A campaña da Consellería do Mar da Xunta de Galicia “Non sexas pirata!”Á praia vénse gozar, non saquear”, contra o furtivismo provocou a protesta do BNG. 

Os portavoces nacionalistas en Cee e Corcubión, Serxio Domínguez e Lois Lado, consideran “indecente” que a citada campaña estivese na praia da Concha, na ría Corcubión, que “leva moitos anos pechada ao baño por mor da contaminación das augas residuais”. 

Serxio Domínguez Louro lembrou que desde a Consellería do Mar se “ levan gastados preto de catrocentos mil euros en estudos para dar solución aos problemas non saneamento” sen solucións reais. 

O BNG protestou diante da carpa instalada pola Xunta e anunciou que presentarán unha pregunta no Parlamento de Galicia “para saber que criterios seguiron para traer a campaña a ría e se pensa a Xunta facer algo mais que publicidade” 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos