6280 fans     1583 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Moitas grazas, Patricia

Moitas grazas, Patricia

Costa da Morte | Publicada: 13/05/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
17
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 19 minutos e 12 segundos.

Manuel Amigo Ferreiro

Estimada Patricia Val: A Asociación Costavales e eu mesmo agradecémosche profundamente a túa rápida contestación e o tono de debate constructivo que empregas nela. Unha vez aclarado o malentendido e aproveitando este inusual intercambio franco e directo de opinións entre un representante público e uns actores sociais, gustariame facer os seguintes comentarios e apreciacións a túa misiva:

Nós somos máis que ninguén coñecedores do limitado éxito da moeda social que promovemos e non nos preocupa (non nos preocupa neste intre) porque o proxecto Costavales e unha iniciativa a medio-longo prazo. Todo o traballo que fixemos ata o día de hoxe estivo destinado á construcción e desenrolo da moeda e dos medios dixitais necesarios para darlle soporte; digamos que estivemos preparando unha ferramenta que imos ter que usar e agora estamos a afinala e poñela a punto. Respecto a brecha dixital que vostede comenta foi unha das cousas que mais tivemos en conta cando decidimos dar o salto a aplicación mobil. Recordo que nunha asamblea saiu o tema, e varios socios comentaron que a xente maior non usaba o mobil, eu pregunteilles ¿cantos de vós tedes smartphone? Levantaron todos a man… A edade media no noso envellecido concello é de 53 anos, ver a xente maior no centro dos vellos usando o whatsapp é algo habitual e os cursos que fai o concello na aula Cemit para o uso de mobiles para maiores teñen unha gran demanda,… entón o da brecha dixital non o consideramos un problema relevante. E moito menos o tema de usar unha moeda diferente, cando tiñamos os Costavales en papel a xente que mellor os entedian eran as personas maiores, xa usaron patacons, pesos, pesetas , euros….

Concordo contigo en que as moedas sociais funcionan mellor cando hai unha escaseza de capital circulante (vamos cando a miseria e xa manifesta) como ocorrera aquí mesmo en España na Guerra Civil, ou en Arxentina no corralito e cando a economia se recuperou as monedas desapareceron; claro que agora en Arxentina están volvendo a xurdir… O que non concordo e na analise que vostede fai da crise do 2008, … ó meu modo de ver o do 2008 foi o primeiro aldabonazo dunha crise sistémica que estamos padecendo en toda a súa plenitude e que irremediablemente provoca unha escaseza de capital circulante,…, escaseza de capital que está comezando a manifestarse de xeito dramático para as contas de resultados das pemes e do comercio de Santa Comba co resultado do peche das tendas e desertificacion das rúas.

Quizáis nós non o vemos porque vivimos aquí e nos acostumamos a ver os baixos baleiros co cartel demacrado de SE ALQUILA primeiro e SE VENDE despois, pero créame que a xente que está fóra por tempadas nótao e impáctalle ata o punto de que teño un coñecido que está no Brasil que me dixo que xa non volvia mais a Santa Comba,…, que ver este pobo morto entristecíao, por saber moi ben os dramas persoais que se agochan detrás deses carteis. O tema do envellecemento e caída da poboación e unha cuestión fundamental porque o ben económico mais importante dun pobo é a súa xente; ben económico que tíñamos a esgalla e nos foi roubado mediante a emigracion para enriquecer outras terras. Porque a crianza dunha persoa de cero a dezaoito anos ten un coste de 150.000 mil euros; se a eso lle sumamos a formación académica estamoslle a regalar os nosos cartos e o noso futuro ás cidades ou paises a onde emigran os nosos fillos pois e nesas ciudades onde van a facer a sua vida económica, e onde traballan, mercan, onde pagan impostos, onde xeneran riqueza e onde dan vida a outros pobos.

Se a eso lle sumamos a baixa natalidade causada pola inseguridade economica, estamos a falar da extinción do pobo de Santa Comba xa que estamos por debaixo da taxa de reposición natural de dous fillos por parexa, o que causará que a xentiña que a dia de hoxe ronda os 50 anos, cando teña unha edade avanzada, non terá xente nova que coide dela. Nós levamos anos buscando ideas para evitar a desaparición do comercio local e ó noso entender a unica con posibilidades reais de éxito é unha moeda local nunha aplicación mobil… ¿por que?:

Porque nunha soa ferramenta ofreces ó comercio unha promoción publicitara gratuita entre clientes reais, os propios comercios poden gastar os Costavales que cobran facendo compras de material ou servizos noutros comercios que tamén os aceptan; pódense facer sorteos ou vender bonos de compra ou regalo con descontos incluidos como fai Amazon ou Ebay,…,é unha magnifica ferramenta de fidelización pois eses cartos non van sair do circuito de comercio da moeda ó permitir facer pagos.

Tamén entre usuarios pódense regalar ou usar para facer pequenos pagos e os usarios que os utilizan sempre teñen un valor engadido porque os Costavales conséguense sempre mediante regalo, sorteos, ou como bonos de compra con descontos… O pouco uso que ata o día de hoxe teñen os Costavales débese por este orde: ó descoñecemento, á desconfianza e as ideas preconcebidas de moita xente,…, e posiblemente sexa culpa nosa por non ter os medios necesarios para artellar unha campaña de promoción potente, pero como che dixen antes non nos importa; se o comercio e a xente non usa esta ferramenta debe ser porque están ben económicamente, o negocio vai ben e non teñen falta dela ( léase en modo irónico) … pero nós contamos con ela para cando lle faga falta.

A creación dun órgano destinado á promoción do comercio local é unha necesidade que expresamos dende a Asociación de Empresarios, porque tanto as actividades que realizamos como as demandas do sector invariablemente acaban tendo que ser atendidas polo Concello. Un exemplo pode ser a reclamación da necesidade dun aparcamento na Rúa Lugo co ofrecemento de solo por parte de comerciantes da zona; o uso de instalacións do Concello para a organización de eventos, a necesidade de cambiar a normativa de feiras para mellorar as exitosas feiras que organizamos e mesmo para ampliar estos eventos a outros espacios publicos do pobo… todas estas actividades e mais o desenrolo de novas iniciativas precisan dunha planificación previa na que deberiamos ir en sincronía co Concello.

A cuestión máis relevante é que a Asociación Costavales non é unha asociación empresarial; é unha entidade que xurde ó amparo da Asociación de Empresarios pero cun obxectivo social que é a posta en marcha dunha moeda social no noso concello e noutros concellos que teñan ese mesmo interese. E este obxectivo social vai moito mais alá da promoción do comercio; o comercio e unha mais das partes da sociedade que se beneficia do uso dunha moneda social (de ahi o apoio de AES a esta iniciativa) pero de ningunha maneira e a única.

Esta ferramenta está deseñada precisamente para a súa implementación por parte das corporacións locais para a optimización dos seus recursos, e péñoche alguns exemplos:

- O pago de parte das axudas socias á personas necesitadas: éstas cubren as súas necesiades sen o estigma de ter que usar un vale nun comercio, pagando as súas compras como calquera cliente nos comercios adheridos á moeda...favoreces ó usuario e favoreces ó comercio. - Fai pouco gastáronse mais de 10.000 euros nunha campaña de promoción do Punto Limpo que levou unha empresa foránea; se colles esos dez mil euros, cámbialos por costavales e daslle 5 ou 10 cvs a cada persoa que entregue residuos no Punto Limpo é unha motivacion directa para facelo. Logo eses 10.000 cvs irán ó comercio local e como o indice de rotación dunha moeda local é 5 veces superior á moeda fiduciaria o impacto no comercio local sería unha inyeccion no mesmo de 50.000 €uros. Favoreces ós usuarios, favoreces ó medio ambiente e favoreces ó comercio local. Podes promover a protección de medio ambiente facendo cursos de reciclaxe ou compostaxe e premiar a xente que acude os cursos e os pon en practica, con pequenos pagos en cvs,…, e aceptar o pago da piscina, pabellóns deportivos e actividades en cvs, favoreces á xente, ós comercios, ó medio ambiente, e promoves o deporte…

- Podes controlar as axudas sociais certificando o bo uso das mesmas… - Podes pagarlle unha pequena parte do soldo dos empregados e concelleiros en moeda social (sempre de xeito voluntario, por suposto) aportando asi un fluxo continuo de cvs á economia local que volverían a circular polo pobo aumentando a riqueza… Como ves o groso dos beneficios dunha moeda social non vai ó comercio e as pemes; unha moeda social implica unha mellora global de tódolos ratios de benestar social dun concello amén dunha optimización sustancial do uso dos seus recursos. Por suposto esto non o inventamos nós; esto descubrímolo segundo nos fomos formando e informando sobre as moedas sociais, que a dia de hoxe son tendencia en toda Europa. A Fundación Europea para o Desenrolo Rexional ten en marcha unha campaña na que aporta 157.000.000 de €uros para o fomento de distintas iniciativas nas que se inclúen as moedas sociais. No caso de Barcelona con 4.000.000 de euros de presuposto, teñen o Rec que promove o Concello e que en fase piloto paga parte da axuda social a familias deprimidas para que a gasten nos comercios da área do Besós.

En Santa Coloma de Gramanet páganlle o dous por cento da nómina dos empregados en Gramma e otorgan parte das subvencións ás distintas entidades na sua moeda social de xeito que unha entidade deportiva mercará o material deportivo en comercios locais que admitan a moeda social. En San Juan de Aznaljarafe (mais de 30% de paro) pagan a axuda social en Osettanas e a xente merca os productos básicos nos comercios locais que admiten a moeda, asegurándose asi que a axuda social vai para comprar productos de primeira necesidade. En Zafra estan tendo un gran éxito co Varamedi… e asi poderiamos falar de centos de iniciativas en toda Europa…. ¿pensas que estes alcaldes estan prevaricando? http://www.elsalmoncontracorriente.es/?Monedas-sociales-y-gobiernos Estamos nun mundo “libre” e cada persoa pode decidir o que fai na súa vida. Ti libremente podes sumarte a unha inciativa de ir en bici ou non, podes optar por consumir o leite de productores locais ou non… asi mesmo o Concello pode levar a cabo actividades, promover eventos ou poñer en marcha unha moeda social no pobo… Tí como individuo, comercio, empresa ou asociación eres libre de participar ou non según as túas conviccións: uns andarán en bicicleta, consumirán leite local, participarán na moeda local, e outros non, .… A corporación do Psoe ten querencia polos deportes do motor, á alguns gustanlle e a outros non, ¿está prevaricando o alcalde por organizar un evento ou actividade que non gusta nin participan dela a maioria dos veciños de Santa Comba? Penso que non. O caso e que nos anos de estudo que levamos neste tema das moedas sociais descubrimos que por Lei ningún concello pode emitir de motu propio unha moeda social; ésta debe estar xestionada por unha entidade independente en colaboración directa co Concello.

De ahi que nós montasemos todo o tinglado que temos montado, para que cando as cousas empeoren… e créeme que van a empeorar e moito… o Concello poda botar man dela. Como ves nós temos unha visión holistica dos distintos problemas e necesidades do noso Concello; non pensamos so en cuestións de rentabilidade económica,…, pensamos na viabilidade de noso pobo nun dos momentos mais inquedantes da historia que nos vai a plantexar retos inimaxinables, por iso queremos ter as mellores armas para afrontalos. Un pracer este efímero e productivo intercambio de pareceres,… mágoa que dentro de nada pasarán as eleccións e voltaremos ás mesmas rutinas, ós mesmos vicios de sempre.

Unha aperta. Manuel Amigo Ferreiro Presidente da Asociación Costavales 

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Fabiola García visitou a casa niño Areíña de Cores de Dumbría

Fabiola García visitou a casa niño Areíña de Cores de Dumbría

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou a casa niño “Areíña de Cores” de Dumbría. Estivo aco…

Ler máis
La emotiva carta de la hermana de la joven fallecida en el accidente de Dumbría

La emotiva carta de la hermana de la joven fallecida en el accidente de Dumbría

Natalia Antelo Espasandín perdía la vida el pasado viernes,  a los 33 años de edad, e en un desgraciado accidente pr…

Ler máis
La ayuda vecinal fue clave en el rescate de las vacas de la granja de San Cristovo de Mallón

La ayuda vecinal fue clave en el rescate de las vacas de la granja de San Cristovo de Mallón

La ayuda de varios vecinos de la parroquia resultó determinante en el operativo de rescate de las cinco vacas que cayer…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
XI Ruta das Tapas Santa Comba 2019
Autos Xallas
Promo GADIS DISFRUTEMOS
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Parte de Laxe desaparecerá baixo o mar

Óscar de Souto

Recentemente GCiencia, El País, La Voz de Galicia, Praza.gal e outros moitos medios de comunicación, nacionais e internacionais,  recollen, en data…

Óscar de Souto
Ler máis

Greta Thunberg, el Becerro de Oro al final de su idolatría

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Ayer la Sra. Ministra de Transición Ecológica, Dª Teresa Ribera, confirmaba que el Gobierno español iba a fletar un barco (nunca contaminante), pa…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Medidas “urxentes”, “sen deixar a ninguén atrás”, e tal e tal

Álvaro Rodríguez

A chamada Folga Mundial polo Clima realizouse o día 27 de setembro. Nas súas proclamas reclamaban  medidas “urxentes” entre as que  o máis in…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información