10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

“A Amancio Lavandeira non lle importa nada Coristanco, nin a conta xeral nin que se perdan subvencións”

O goberno de Coristanco aprobou a conta xeral 2016.

A comisión informativa de asuntos económicos tratou sobre a conta xeral do ano 2016, que foi aprobada cos votos favorables do equipo de goberno e que arroxa un superávit de 2.721.115 euros.

Terra Galega estudia alegacións

Terra Galega votou en contra. Amancio Lavandeira sinalou que existe un informe negativo da secretaría municipal. “Non votamos en contra do resultado económico, que é excepcional senón do procedemento” declarou a Adiante Galicia, avanzando que están estudiando a posibilidade de presentar alegacións ante unha situación de “caos xeneralizado”.

A opinión de Abraham Gerpe

Para o alcalde, o voto en contra para este documento tan necesario demostra que “A Amancio Lavandeira non lle importa nada Coristanco, nin a conta xeral nin que se perdan subvencións”.

Abraham Gerpe sinalou que na comisión non se aprobou o contido (“que o ten que coñecer porque foi no seu mandato”) senón presentar a conta xeral ante os organismos competente.

E sobre os resultados da conta foi claro:”Si que temos ese remanente pero isto é o que pasa cando non lle pagas a ninguén”. Gerpe Muñiz lembrou por culpa da xestión de Lavandeira moitos empresarios tiveron problemas “e serviron de bancos ao concello de Coristanco”.Apuntou ademais que “agora pagamos todo e tamén aos provedores que lles debía (Amancio)”. 

 

Atención aos veciños

O alcalde tamén comentou as críticas que apareceron neste xornal e negou que haxa desatención veciñal.Sinalou que tanto el como o concelleiro Luis Souto están tódolos días (pola mañá) na casa do concello. Gerpe informou que incluso se achega polas tardes, despois das visitas que realiza polas parroquias xunto co concelleiro de obras.“É certo que queda moito por facer pero estamos traballando” dixo o rexedor coristanqués.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos