Dúas persoas foron evacuadas en ambulancia froito dun accidente na estrada de Santa Comba a Portomouro.
Este serán tivo lugar un accidente entre unha furgoneta Peugeot Partner e un turismo Renault Clio en Faílde(Santa Comba), na estrada que comunica Santa Comba con Portomouro. No primeiro vehículo viaxaban dúas persoas e no segundo tres.
Segundo Axega 112 había cinco feridos froito da colisión, pero fontes policiais indicaron que finalmente foran evacuadas dúas persoas en ambulancia e aparentemente con feridas leves. Eran dúas persoas que ían no turismo.
O accidente tivo lugar ás 16,30h.Foron mobilizados efectivos de Tráfico, Bombeiros, Protección Civil e Policía local de Santa Comba, aínda que finalmente os operarios do parque comarcal de bombeiros e os membros de Protección Civil non tiveron que acudir ao lugar do sinistro.
Redacción Adiante