10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Mazaricos axiliza proxectos e explica a situación do Polígono

O concello de Mazaricos avanza na posta en marcha do ximnasio e na construción dun campo de tiro. Juan Blanco explicou a situación do Polígono industrial.O popular Nico Martínez reserva a súa valoración sobre o pleno.

Luz verde ao ximnasio e ao campo de tiro

Sen votos en contra, o pleno do concello de Mazaricos dou luz verde ao regulamento do servizo público do ximnasio municipal que segundo o rexedor estará en funcionamento no prazo dun mes.

Tamén se aprobou a cancelación do consorcio dos montes Pedroso, Val, Sixto e outros, que permitirá a construción dun Campo de Tiro no Pino do Val. Así mesmo a corporación aprobou a normativa de camiños despois do período de alegacións.

Doce mámoas nun Polígono Industrial

En resposta a un rogo da oposición, o rexedor informou sobre a situación do Polígono industrial. Explicou que o estudo arqueolóxico encargado polo concello ditamina a existencia de doce mámoas na zona.

Blanco Riveiro explicou que, no caso de que se venda unha finca, a persoa propietaria deberá facer un estudo arqueolóxico “que rolda os 8.000 ou 10.000 euros euros e logo un estudo posterior de 6.000 euros.Se aparece algo, pode que non a poida usar e se ten a nave feita e despois quere unha explanada anexa ou un novo edificio, ten que repetir o control arqueolóxico” detallou Blanco.

O grupo de goberno subliñou que a cuestión do polígono estivo paralizada durante “vinte anos de goberno do PP” sen “informar destas continxencias aos cidadáns”. O executivo do BNG encontrouse “esta sorpresa” coa chegada ao goberno e ao pretender “iniciar os trámites para buscar solucións”.

Por último, Juan Blanco emprazou ao portavoz do PP, Nico Martínez, a non nomear na prensa a persoas particulares “que non participan na vida pública” e pediulle que se centrara “nos temas do concello”. O alcalde tamén amosou a súa estrañeza polo feito de que os catro concelleiros do PP se ausentaran da habitual quenda de intervencións dos veciños.

 

Nico Martínez reserva a súa opinión

Consultado por esta redacción sobre a súa valoración do pleno, o portavoz do Partido Popular de Mazaricos, Nico Martínez Almallo, remitiuse a unha nota de presa que pretenden difundir desde o partido nas próximas horas, e que difundiremos tan pronto nos chegue.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos