7.5 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

O PP denuncia malgasto no concello de Mazaricos

O portavoz municipal do Partido Popular de Mazaricos tacha ao alcalde nacionalista Juan Blanco(BNG) de “demagogo” por presumir de aforro na súa xestión cando “falta a realidade”.

Nico Martínez critica que o alcalde presuma de que o seu tenente de alcalde non ten soldo e que os demais concelleiros non cobran mentres gasta por outra banda:“Do que non di nada o alcalde é dos case 3.000 euros que practicamente todos os meses facturan ao Concello dúas compañeiras de partido en concepto de reportaxes gráficas ou de organización de eventos”.

Martínez Almallo denuncia o “malgasto”que supón o contrato por dous anos que o Concello de Mazaricos aprobou no seu día para a xestión e mantemento das redes sociais municipais.

“Parécenos unha barbaridade que un municipio como o noso destine 40.000 euros a este capítulo cando, ademais, o propio alcalde afirmou que a empresa non realiza o seu labor de forma adecuada”.Nun comunicado de prensa, os populares pensan que este traballo podería desenvolverse con operarios municipais.

Sobre o último pleno

Nico Martínez referiuse ao último pleno celebrado no concello para instar ao rexedor a negociar coa Xunta melloras no transporte público:“Hai concellos que lograron ter máis liñas, pero para iso é necesario que o alcalde negocie co executivo autonómico aínda que non sexa do seu partido e deixe de culpar sempre a terceiras persoas dos seus fracasos na xestión municipal”.

Desde o Partido Popular de Mazaricos quéixanse da falta de información sobre a Semana Gandeira:“O alcalde presume de transparencia, pero cada vez que lle pedimos algún documento atopámonos con problemas” asegurou o portavoz popular quen puxo o acento para xustificar esta falta de información sobre a organización da Semana Gandeira no feito de que sexa un familiar do alcalde o que presida a asociación que percibe as achegas tanto dos colaboradores como a do concello.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos