3513 fans     1209 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Anunciate aquí - Adiante Galicia

"Non debate o orzamento e quéixase do gasto"

"Non debate o orzamento e quéixase do gasto"

Costa da Morte | Publicada: 15/11/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 2 segundos.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro, expresou a súa sorpresa polas críticas do voceiro do PP despois de que no último pleno non fixera uso da palabra e optara por absterse no debate presupostario:

“Aprobamos un orzamento en cinco segundos sen votos en contra e sen intervir no pleno e agora quéixase do gasto” declaraba o alcalde a Adiante Galicia.Blanco pensa que o problema de Nico Martínez é a “desinformación” xa que “non se relaciona coa xente de Mazaricos e chega aquí e pensa que temos xente en comunicación para levar só o Facebook pero fan moitísimas cousas máis”.

Deste xeito, o rexedor saía ao paso das críticas polos servizos de comunicación:”Só hai que ver a repercusión que está tendo Mazaricos nos medios e que se está reflectindo no turismo”.Froito desta “promoción” do concello, hai perspectiva de que para o ano se abran seis novos negocios vinculados ao turismo.Convidou ao voceiro popular a acudir á xustiza se pensa que hai malgasto ou algo ilegal:”Se considera que se fai algo ilegal que vaia a xustiza, pero que non difame nos medios”.

Aforro municipal, acusacións graves e comentarios de taberna

Juan Blanco afirmou estar molesto polas “cuestión persoais” e por “acusacións graves contra as rapazas que fan un traballo e contra o presidente da asociación de gandeiros”.

O alcalde insistiu na xestión do seu goberno:”Aforramos na miña nómina, na do tenente alcalde, agora as nóminas fanse no concello e aforramos 13.000 euros e tamén nos seguros onde pasamos de 16.000 a 5.000 euros”.Lamentou que Martínez Almallo faga política con “comentarios de taberna” e sinala que “todo isto está reflexado no presuposto que el non debateu”.

Sobre o transporte público lembrou que fixo distintas xestións e que a responsabilidade é da Xunta pero “se el é tan válido, eu acompáñoo á Xunta”. Blanco Riveiro pensa que o voceiro do PP de Mazaricos está atacando ao goberno galego “porque son eles os que teñen que encargarse de que se cumpran as liñas e os horarios”.Por último, recriminou a Nico Martínez a súa ausencia nas manifestación en defensa do sector lácteo:”Non veu ás manifestación gandeiras pero o outro día foi a Cee a meterse detrás dunha pancarta”.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Mazaricos e Vimianzo celebraron as súas Festas dos Maiores

Mazaricos e Vimianzo celebraron as súas Festas dos Maiores

"É un recoñecemento ás persoas maiores da comunidade, que tanta sabedoría aportan" afirma o alcalde de Mazaricos, Ju…

Ler máis
O concello de Muros acorda recuperar o servizo de Noitebús

O concello de Muros acorda recuperar o servizo de Noitebús

A corporación decidiu adherirse a central de contratación da Fegamp e creación  da Mesa local contra a violencia de …

Ler máis
El PP aspira a gobernar Cariño, Cedeira, Mañón y Ortigueira

El PP aspira a gobernar Cariño, Cedeira, Mañón y Ortigueira

El vicesecretario general de Organización y Territorial del Partido Popular en la provincia de A Coruña se reunió con…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Primavera Cultural Santa Comba 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A segunda volta, não é para escolher, é para eliminar

Daniel Lago

Cremos ter parado a auge da extrema-direita na Europa, cremos ter parado a queda da UE como projeto político,... cremos, cremos e voltamos a crer. Ma…

Daniel Lago
Ler máis

Homenaxe ao Doutor Carlos Guitián

Xosé González Martínez

Manuel Herminio e Xosé Carballido , xunto con outros amigos de Amoeiro, son os encargados de organizaren a homenaxe  ao doutor  Carlos Guitián Rod…

Xosé González Martínez
Ler máis

Ahora Lezo

Nacho Louro

Con la actualidad política me viene a la memoria una intervención en la Comisión de Defensa del Congreso de los Diputados del que fuera Portavoz de…

Nacho Louro
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información