10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

O goberno de Mazaricos abre unha nova web

“Somos xente de palabra”. O grupo de goberno de Mazaricos lanza “un diario do alcalde e dos seus concelleiros” na rede.Ademais pretenden abrir unha canle de comunicación veciñal.

O día a día do concello de Mazaricos

Unha das frases máis repetidas na pasada campaña electoral do BNG foi recuperada para crear unha web:”Somos xente de palabra”. Con este novo espazo na rede www.somosxentedepalabra.org os concelleiros nacionalistas pretenden “ir contando o día a día no concello” e tamén “abrir unha vía de comunicación alternativa e un buzón de suxerencias para todos e todas”.

O equipo de goberno de Mazaricos está formado polo alcalde, Juan Blanco e polos concelleiros Beatriz Alvite, Esteban Pereiro, Catarina Beiro, Juan Manuel García, Vanesa Pereira e José Miguel Blanco Martínez.

Subvención de 96.000 euros para o ximnasio municipal

Nesta nova web “Somos xente de palabra” dan conta de novidades como a recente subvención nominativa  de 96.000 euros aprobada pola Deputación provincial que permitirá, xunto cun investimento aproximado de 24.000 euros de fondos propios, o equipamento do ximnasio municipal, como informaba a semana pasada Adiante Galicia.

O concello de Mazaricos tamén é noticia esta fin de semana pola inauguración este sábado 2 de abril dunha área de autocaravanas e pola celebración do Festival de Primavera a cargo da Escola de Música moderna do concello.

Recentemente en Adiante Galicia mantíñamos unha conversa co alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro para repasar a actualidade municipal. Se queres escoitar a entrevista este é o enlace.«Estou aquí para gobernar e cambiar as cousas».

Toda a actualidade en @AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos