7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Manoel Vello:»Compromiso vai ganando o seu espazo»

O secretario de organización de Compromiso por Galicia destaca que esta formación representa “ó galeguismo aberto e integrador  como non o había desde fai oitenta anos”. Manoel Vello falou no programa Na Encrucillada de Radio Xallas(107.5 FM) e Fórmula Fun (91.9FM).

“Podemos chegar a acordos con calquera forza”

Destacou este momento na historia de Compromiso porque “agora é cando realmente bota a andar esta forza propia galega con candidaturas en máis de corenta concellos” e afiliados e simpatizantes nun cento de municipios.

Anunciou que CxG fai a facer unha campaña “austera, cercana e de boca a boca” porque “é o momento de facer política de  verdade” de fuxir dos grandes recursos escénicos e gastronómicos.

Defendeu a autonomía das agrupacións locais a hora de establecer pactos:”Queremos dar poder de decisión ós afiliados.Hai que confiar na xente.Nos temos un código de circulación e a xente de Compromiso sabe o que ten que facer”. Vello Salvado asegura que o seu partido “pode chegar a acordos con calquera forza” sobre un programa e mediante acordos “revisables”.

“Houbo moito cantante na política galega”

Manoel Vello non tivo pelos na lingua para falar sobre outras opcións, que en teoría conviven no campo do galeguismo. Sobre Terra Galega asegurou que “ non quedou un pouso de utilidade a servizo do país” e sobre Converxencia Galega afirmou que “non existe, o partido de Xan Garcia non é un proxecto de país”. Tamén se referiu a Converxencia XXI.”Converxencia XXI quedouse nun grupo de debate. Non se pode presentar a sociedade galega un proxecto solo ideolóxico en plan comunista ou liberal. Para Manoel Vello “no galeguismo sempre houbo moito egocentrismo e pequenos salavapatrias que veñen a sentar cátedra”.

Sobre a falta na actualidade dun partido galeguista moderado forte, o secretario de organización de Compromiso lembrou o fracaso do Partido Galeguista “polo estalido da guerra civil” e porque despois da ditadura “ o galeguismo histórico abandonou o campo político”.

“Descabezaron ao PP galeguista desde a FAES”

Aquí xurdiu a Unión do Povo Galego unha forza “marxista leninista e comunista que tiña referentes que non tiñan que ver coa realidade galega”.Con respecto a Coalición Galega lamentou que non “houbera unha base galvanizada” para desenvolver ese proxecto político.
Nesta visión histórica puxo o acento nas dependencias de Madrid de PP e PSOE. Fixo referencia a uns momentos nos que o PP tivo unha conexión co sentimento galeguista:

“O Partido Popular e mais que un partido,. Foi o partido que entrou nas entrañas deste país e logrou ter unha amplísima base electoral e que se identificou co pobo galego”.

Segundo Vello este “galeguismo” do PP foi abortado desde a Fundación FAES:“A Faes viu que podería traer problemas e cortaron de raíz e impulsaron o descabezamento dos dirixentes que crean nun poder político propio. Tomaron o partido os funcionarios de Madrid”.

Escoita a entrevista con Manoel Vello

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos