O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, deu a coñecer o seu novo executivo que ten como principais novidades a creación dunha segunda vicepresidencia, que ocupará Francisco Conde, e o recambio nas consellerías de Sanidade e Educación, ao prescindir de Jesús Vázquez Almuíña e Carmen Pomar.
Alfonso Rueda asume á área de Turismo e deixa a de Administración Pública que se incorporará á Consellería de Facenda. O conselleiro de cultura, Román Rodríguez asume Educación. Os dous nomes novos son os de María Jesús Lorenzana Somoza, nova conselleira de Emprego e Igualdade e Julio García Comesaña, novo conselleiro de Sanidade.