12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Equo pide o voto para que “Galicia teña unha voz ecoloxista no Parlamento por primeira vez”

Audio coa entrevista ao candidato Alberto Prieto.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Equo e cabeza de lista pola Coruña, Alberto Prieto, pensa que  “fai falla que Galicia teña unha voz ecoloxista no Parlamento de Galicia por primeira vez”.

Destaca que “somos os únicos que temos á crise climática como unha prioridade” e defende a idea de que “hai que distribuir os recursos dunha forma máis xusta. Temos que producir só o necesario”.

Entre as propostas de Equo Galicia está o peche das centrais térmicas, unha fiscalidade verde, servizos 100% públicos de calidade  e un plan de deseucaliptización.

Neste último caso, Alberto Prieto, manifesta que “o eucalipto é moi nocivo” con este tipo de monocultivo “estamos hipotecando o futuro do monte galego.

Tamén aposta por prohibir o plástico “dun só uso” e por xerar menos residuos en orixe. E pide o voto para este opción ecoloxista para promover “políticas de transformación para garantir a nosa supervivencia como especie” e para “unha transición ecolóxica xusta”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos