9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Pastora Fernández:”Os galegos teñen a oportunidade de votar por unha nova forma de facer política que non acepta que a crise a pague o 90%”

Audio coa entrevista a Pastora Fernández

“Non podemos aceptar nin un só recorte máis. Hai que redistribuir a riqueza. A saúde e a vida teñen que estar nun primeiro plano”. Son palabras da candidata á presidencia da Xunta por Recortes Cero- Espazo Común – Os Verdes- Municipalistas, Pastora Fernández.

Propostas de Recortes Cero

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas explicou as liñas básicas da proposta da coalición. Unha lei en defensa da sanidade, blindar a privatización e o poder adquisitivo das pensións, un plan de reindustralización coa creación de 100.000 empregos, unha lei medio-ambiental integral ou promover o municipalismo “para que os cargos políticos rindan contas aos seus veciños”, son algunhas delas.Tamén se comprometen a atender á “Galicia baleirada”.

Seguindo a iniciativa a nivel estatal, Recortes Cero, conta cun manifesto de apoio asinado no noso país por persoeiros como Lino Braxe, Víctor Coyote, Xoán Bernárdez ou Xesús Couceiro.

Pastora Fernández asegura que os galegos “teñen a oportunidade de votar por algo distinto” por “unha nova forma de facer política que non acepta que a crise a pague o 90%”.

Fernández entende que as posibilidades electorais dependerán da visibilidade que poida obter a coalición, pero lamenta que parten dunha “situación de desigualdade” e por iso están esforzando en trasladar a súa mensaxe con iniciativas como os actos telemáticos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos