10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Néstor Rego:”O voto ao BNG é o máis útil para frear a entrada da ultradereita reaccionaria, antigalega e racista de Vox”

O candidato ao Congreso polo BNG, Néstor Rego, amosouse optimista de que o seu partido vai “vencer ás enquisas” e asegurou que “o BNG está disputando un escano na provincia da Coruña con Vox” polo que “o voto ao BNG é o voto máis útil para frear a entrada da ultradereita reaccionaria, antigalega , racista e machista que estamos padecendo”.

Entrevista a Néstor Rego a partir do minuto 32

“Se nós non entramos, entra Vox”

Rego ten claro que “se nós non entramos, entra Vox” e pediu “concentrar tódolos esforzos en chave galega” para que “Galicia teña unha voz propia sen dependencias nin submisións”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas comprometeuse a derrogar a “lei mordaza”, a contrarreforma laboral, a LOMCE “e a recuperar o Pazo de Meirás de forma inmediata”.

Lamentou que as demais forzas dependan de Madrid e que organización coma Podemos ou En Marea apoiaron uns orzamentos xerais do estado que discriminaron a Galicia.

“Prezos dignos para o leite e a carne”

Así mesmo demandou un plan estratéxico para o sector agrogandeiro, máis servizos no medio rural e uns “prezos dignos para o leite e a carne”. Sobre a fauna salvaxe propuxo un plan de xestión e un estudo detallado, promovendo no caso do xabaril “a captura por métodos non lesivos e que permitían a esterilización de modo que se manteña a fauna”, e que haxa compensacións polos danos “de maneira áxil”.

Postos de traballo

Unha das prioridades do BNG para a provincia coruñesa é “garantir os postos de traballo” xa que “hai cinco ou seis empresas que teñen miles de postos de traballo e que están en risco de desaparecer”.

Néstor Rego considera importante “unha tarifa eléctrica galega” que baixe o custo da electricidade, o saneamento das rías, ou a mellora das infraestruturas ferroviarias.O candidato do Bloque tamén anunciou neste programa que Alberto Calvelo será o candidato á alcaldía de Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos