9.3 C
Santa Comba
miércoles, mayo 8, 2024

José González:“Vou ser inflexible na defensa de que os nosos gandeiros teñen que cobrar polo leite o que lle costa máis o seu marxe de beneficio”

O conselleiro de Medio Rural José González falou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Escoita a entrevista neste audio a partir do minuto 60 de programa.

Plan estratéxico do sector lácteo

O conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia asegurou que vai a ser “inflexible” na defensa dun prezo xusto para o leite “que se ten que construír sempre a partir do custe de produción e cun marxe de beneficio, xa que non pode ser que haxa venta a perdas”.

José González referiuse ao plan estratéxico do sector lácteo que prepara o seu departamento “de acordo con todo o sector” e que agarda que sirva para “fortalecer o sector pola vía da profesionalización e do coñecemento dos custes”.

Calcular os custes de producción para o incremento de prezos

Nesta entrevista indicou que “desde a consellería traballamos para ter un programa informático para o cálculo dos custes de produción” e precisou que “nós non podemos impoñer prezos” pero si traballar na dirección de detectar os gastos do produto e lograr “incrementar o prezo porque a calidade que temos ten que contribuír a que o consumidor final sinta a necesidade de pagar máis polo noso leite”.

“Mobilizar a terra a través de diferentes mecanismos”

A estratexia debe asentarse en tres piares, a profesionalización, a rendibilidade e a necesidade de mellorar a base territorial. Neste último aspecto subliñou o carácter minifundista de Galicia con once millóns de parcelas catastrais en rústica.

“As concentracións parcelarias fan un bo papel pero temos que afondar e nalgúns sitios facer reconcentracións” apuntou o conselleiro que anunciou a posta en marcha “dunha nova lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia”.

A idea básica é a de “mobilizar a terra a través de diferentes mecanismos” para dar resposta á necesidade dos gandeiros. Neste ano 2019 aprobarase a normativa e estableceranse proxectos piloto que afectarán a 10.000 has.”Algúns deste proxectos van ir ao sector gandeiro de leite” precisou.

José González Vázquez agarda conseguir que “se hai fincas nas que o propietario non se pode localizar que poidan ser xestionadas polos nosos gandeiros” e así aproveitar esa “terra extraordinaria”.

Unha actividade económica rendible

En resposta as preguntas xurdidas en Radio Xallas, González recoñeceu que na Xunta “estamos francamente preocupados” pola problemática do xabaril e manifestou que se está a traballar no incremento de batidas por parte dos cazadores, en posibilitar a comercialización da súa carne ou nunha liña de axudas polos danos.

Por último, augurou que “no rural vai haber actividade económica rendible” e se ben citou distintas axudas da administración galega está convencido de que “a mellor subvención é a garantía de rendibilidade nas explotacións”. O conselleiro do Medio Rural foi entrevistado “Na Encrucillada” por Xoán Ramón Alvite, Manolo Rodríguez Caamaño e Xosé Manuel Lema.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos