Participou no programa “Luns con Lema” este luns 4 de marzo.
Entrevista con Óscar de Souto desde o minuto 9 de programa
O poeta bergantiñán e divulgador cultural Óscar de Souto anunciou dúas exclusivas este luns no programa “Os Luns con Lema” de Radio Xallas. Por unha banda o nacemento “dunha revista dixital galega creada polos poetas de base” e liderada por Moncho Bouzas, chamada “NpgGaZeta” www.npggazeta.gal.
E por outra, que de Souto vai a ter unha sección cultural propia no programa “Na Encrucillada” que presenta o director de Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema Mouzo cada día entre as 11 e as 13h.Na entrevista, o activista cultural tamén reflexionou sobre a cuestión poética:»Estanse facendo mal as cousas e o pobo non está recibindo a poesía co agarimo que tiña que recibir.Cando as cousas se fan correctamente, a xente goza coa poesía”.
Exército de cisnes cantores
Óscar de Souto considera fundamental que se achegue á xente “unha poesía entendible” fuxindo “da poesía de laboratorio que non entende ninguén, e que é como se o plantexaras en chinés ou noutro idioma”.
Ten claro que “a poesía ten que estar ben vestida, de traxe e gravata, elegante e de festa” e que “hai que volver a conectar coa xente, con poetas de verdade, no idioma de tódolos días”.
Reivindicou o “exército de cisnes cantores” que hai na zona con voces como as de Iria Lestón, Rosa Lois Caamaño, Suso Bahamonde, María Lado,Xaime Trillo ou Blanca Vilela,
Nota- A programación de Radio Xallas pode escoitarse tamén desde a portada de Adiante Galicia