9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

“O da mina de Touro-O Pino é un problema de toda a sociedade galega, como pasou en Corcoesto”

Audio coa entrevista a partir do minuto 26 de programa

Despois dun ano e medio de reivindicacións, os membros da plataforma veciñal “Mina Touro-O Pino Non” está á espera da declaración de impacto ambiental por parte da consellería de Medio Ambiente. “Agardamos que sexa negativa por todas as incidencias que ten o proxecto. O razoable, o xusto e o legal sería que lle deran carpetazo a este asunto” manifestou unha das integrantes do colectivo, Isabel García, no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Lembran que hai informes negativos, máis de 2.000 alegacións e o posicionamento contrario de 44 concellos nas correspondentes sesión plenarias. Lamentan que a resolución “xa está tardando” e tamén a falta de apoio da Xunta e dos concellos de Touro e do Pino:”Os que máis deberían estar ao noso lado non o están”.

Esperando unha resolución negativa da Xunta

Isabel García asegura que “mentres non haxa unha resolución negativa non imos para, pero nós dentro da lei non coma outros”.Está convencida de que “Este é un problema de toda sociedade galega, hoxe pasa aquí e mañá noutro lado, como pasou en Corcoesto.É un problema social”. 

Na entrevista explica a herdanza que deixou a anterior mina en vertidos e deixa claro que “aquí non se pode vender a nos aterra ao mellor postor “ e que as estratexias das compañías mineiras repítense en distintas zonas do estado español.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos