11.6 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

A esquerda rupturista defende os distintos actos como mostra de pluralidade

O voceiro de Anova Antón Sánchez afirma:”Hoxe comeza un novo ciclo de rebeldía”.

Villares defende “unha nación alegre e solidaria”

En Marea desenvolveu o seu acto en Vista Alegre coa intervención de representantes de distintos colectivos sociais e coa intervención de Luis Villares que demandou un proxecto alternativo de cambio cun “movemento de rebelión cidadá” que conforme “unha nación alegre e solidaria, combativa e defensora do ben común”.

Luís Villares defendeu o “proxecto cidadanista” de En Marea e o exemplo das mareas municipalistas:”Non queremos esta Galicia, non queremos este país, as maiorías sociais non queren isto para o seu presente e moito menos para o seu futuro” dixo.

Villares restou importancia a que outras forzas rupturistas organizaran actos distintos neste Día Nacional de Galicia. Dirixentes de Anova como Antón Sánchez ou Miguel Anxo Fernán Vello, estiveron presentes neste acto que tamén contou cunha “árbore dos desexos” onde os presentes foron deixando as súas ideas, propostas e sentimentos.

Antón Sánchez:”Hoxe comeza un novo ciclo de rebeldía”

“Non nacemos para acomodarnos. Hoxe comeza un novo Ciclo de Rebeldía” sinalou Antón Sánchez no acto celebrado por Anova en Galeras, emprazando a non centrarse nas “miserias orgánicas”.

O voceiro de Anova recoñeceu o papel das mareas municipalistas e apostou por seguir ese camiño e traballar para a “primavera municipalista de 2019”. Sánchez reivindicou o dereito a autodeterminación “sen subordinacións”. 

O dirixente tamén lembrou que “creamos Anova como lugar de encontro da esquerda soberanista e independentista” que se puxo “ao servizo da unidade popular”.Nesta cita tamén estivo presente Xosé Manuel Beiras.

 

Podemos Galicia e Esquerda Unida

Esquerda Unida organizou en Mugardos un acto na memoria do alcalde comunista Juan Prieto Balsa(1936), que contou coa presenza da coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla e dos alcaldes de Ferrol e Mugardos, entre outras persoas. 

Pola súa banda Podemos Galicia celebrou na Estrada o “Día da Matria galega” cun acto  en clave feminista e cun manifesto  para poñer “en valor ás mulleres galegas porque elas son Galicia”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos