9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Eva Solla asume con alegría e responsabilidade a dirección de Esquerda Unida

Foi elixida na XII Asemblea celebrada en Compostela. Substitúe a Yolanda Díaz. Alberto Garzón asistiu ao congreso.

 

Eva Solla, nova coordenadora nacional de Esquerda Unida

A política viguesa e actual deputada autonómica, Eva Solla Fernández(Vigo,1984) é a nova coordinadora nacional de Esquerda Unida. Resultou elixida na XII Asemblea Nacional que se celebrou en Santiago de Compostela a pasada fin de semana. Substitúe no cargo a Yolanda Díaz, que foi a coordinadora desde 2005.A mesa presidencial da Asemblea estivo composta só por mulleres.

A asemblea “A forza das ideas” contou coa presenza do coordinador federal de Izquierda Unida, Alberto Garzón, que destacou o papel do seu partido que “soubo superar dificultades e foi capaz de construir, con humildade, espazos de confluencia e unidade que permitiron iluminar o cambio en moitas cidades, de momento, e esperemos que pronto, no resto do Estado».

Pola súa banda a nova coordenadora nacional dixo asumir o novo cargo “con alegría e moita responsabilidade” despois dunha asemblea caracterizada polo “debate productivo, sereno, tranquilo e fraterno”.

Entre os retos vindeiros, Eva Solla avoga por “recuperar o traballo de rúa, o traballo nos movementos sociais e co resto de colectivos agredidos” así como desenvolver “un traballo de  de acompañamento das concelleiras/os que temos por toda Galicia, por esa base que é o municipalismo”Para Solla estamos diante “dun tempo fundamental”.

Incremento importante de afiliados

Antes da asemblea, o secretario de organización Rubén Pérez  asegurou que  “temos un crecemento en número de persoas afiliadas moi importante e somos unha organización que ten 31 anos de historia, polo que é unha organización consolidada, madura e con futuro”.

Tamén destacou o papel de Yolanda Díaz durante os últimos anos: “Yolanda Díaz é a pedra angular desta organización e a que fixo que Esquerda Unida sexa en Galicia o que a cidadanía ve a día de hoxe. Foron moitos anos e moitos esforzos os que fixo para consolidar a esta organización”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos