13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Luís Villares:”Atila Núñez Feijóo non cree no autogoberno»

// Luís Villares cualifica a Feijóo de ignorante e covarde político//As traballadoras do SAF vimiancés protestan pola política privatizadora de Manuel Antelo//Antón Sánchez:”Temos un país rico pero o goberno non é noso//

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu un mitin de En Marea.Nas portas do recinto, as sete traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e un grupo de persoas, protestaban pola política privatizadora do alcalde, Manuel Antelo Pazos, con pancartas nas que pedían que os servizos sociais non se converteran nun negocio nin que se privatizaran e nas que aludían as causas xudiciais do rexedor soneirán.Estiveron ata despois de rematar o acto.

Foi precisamente o alcalde, Manuel Antelo, o que abriu o acto criticando a falta de investimentos da Xunta no seu concello. Despois falou a candidata Margarita Barahona que pediu un cambio político “porque todo está podre” e denunciou a “man dura” do PP contras as maiorías sociais. Outra candidata, Luca Chao tivo palabras de eloxio para o alcalde vimiancés polo “resultado histórico” acadado nas eleccións municipais que “por algo sería” e afirmou que persoas coma ela “aprendemos de Antelo e de moitos alcaldes coma el”.

O cabeza de lista pola provincia da Coruña, Antón Sánchez, lamentou que “moita xente perdeu o emprego por culpa de empresarios corruptos como Méndez ou Gayoso”. Para Sánchez García “temos un país rico pero o goberno non é noso”. Arremeteu contra a complicidade do PP coas grandes empresas:”O señor Villar Mir ten dereito de pernada sobre o Río Xallas” dixo. Sánchez convidou ós veciños da comarca a mobilizarse e actuar “como axentes electorais de En Marea”.

O aspirante á presidencia, Luís Villares, cualificou de covardía e ignorancia política a actitude de Feijóo de non querer participar nun segundo debate e ademais porque “era o único que ignoraba que Marcial Dorado era un narcotraficante, ou que ignora que Baltar é un acosador, debe ser que  ignora tamén que as eleccións galegas son ao Parlamento de Galicia non a presidencia da República».  

“Atila Núñez Feijóo non cree no autogoberno” denunciou Luís Villares, que definiu como “sete anos de barbarie” os gobernos de Feijóo:”Un país xusto non deixa morrer os enfermos na cama” comentou en relación ao tratamento da hepatite c. Na súa proposta defendeu “unha nación que é ante todo un proxecto de solidariedade e convivencia”, e propuxo a posta en marcha dun plan de emprego rural e dun plan de desenvolvemento da industria láctea de transformación, entre outras medidas para facer “un país xusto”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos