6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Entre as Irmandades da Fala e o partido instrumental

Xosé Manuel Beiras insiste no partido instrumental para as eleccións autonómicas e reivindica o espírito das Irmandades da Fala, nun 25X no que Anova contou co apoio de Carlos Aymerich.

Anova Irmandade Nacionalista celebrou o 25 de xullo cunha homenaxe ás Irmandades da Fala cun acto no parque de Galeras en Santiago de Compostela, que tivo como principal atractivo a intervención de Xosé Manuel Beiras que insistiu en que a solución de cara os comicios autonómicos é un partido instrumental:”Unha En Marea convertida en coalición deixa de ser En Marea” dixo Beiras que tamén lanzou mensaxes reivindicativas:»O espírito das irmandades está nas mareas: por dous motores:o pobo galego como suxeito político e a República”.Xosé Manuel Beiras apostou “por comezar outra vez a tarefa histórica de liberación, fronte ao totalitarismo larvado”.

Tamén interveu o exdirixente do BNG e membro do Foro Galego, Carlos Aymerich que insistiu na necesidade de artellar unha iniciativa ao PP que non poña por diante as siglas, a eurodeputada Lidia Senra, Antón Sánchez ou Iria Otero.Antón Sánchez percibe que este foi “o último día da patria con Feijóo” e dixo que era preciso “retornar o poder aos de abaixo é a nosa tarefa neste día de reivindicación popular e nacional”.

Lidia Senra puxo en valor o traballo das mulleres e a necesidade de que o cambio político sexa “feminista, nacionalista e de esquerdas”. Tamén criticou o papel da Unión Europea “cuns estados que nos negan a capacidade de decidir sobre o noso”.O acto contou coa presenza de varios alcaldes, entre eles Martiño Noriega, ou os deputados Alexandra Fernández e Miguel Anxo Fernán Vello, e rematou cun xantar de confraternidade.

Fotos-ANOVA

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos