13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Feijóo asegura que o PP mobilizado gañará as eleccións

A convención municipal do PPdeG que se celebrou en Santiago, serviu para engraxa-la maquinaria de cara as vindeiras eleccións. Feijoo pediu verdade, xestión e mobilización para triunfar nos comicios de maio.

O presidente do PPdeG aproveitou, que este primeiro de marzo se cumpría o sexto aniversario da súa vitoria nas eleccións autonómicas de 2009, para volver a pedirlle a confianza a tódolos votantes que apoiaron ó partido da gaivota nos comicios de 2009 e 2011.

Para elo Alberto Núñez Feijóo pediu aos seus cargos “que volvamos a dicir a verdade á xente, que sigamos xestionando e gobernando, e que nos mobilicemos como nos mobilizamos aquelas eleccións de marzo do ano 2009. Se facemos as tres cousas gañaremos limpamente as eleccións de maio de 2015”.

Feijóo tamén tivo palabras para o PSOE e Podemos a comparou o movemento da “cella” da xente que apoiaba a Zapatero coa “coleta” de Pablos Iglesia: “Dos da cella pasamos os da coleta. Pero como son o mesmo estou convencido de que lle dirán o mesmo os cidadáns. Fai seis anos dixéronlle os da cella que así non, e agora vanlle dicir os da coleta así tampouco”.

 

 

Feijóo tamén tivo palabras para o PSOE e Podemos a comparou o movemento da “cella” da xente que apoiaba a Zapatero coa “coleta” de Pablo Iglesias: “Dos da cella pasamos os da coleta. Pero como son o mesmo estou convencido de que lle dirán o mesmo os cidadáns. Fai seis anos dixéronlle os da cella que así non, e agora vanlle dicir os da coleta así tampouco”.

O líder popular asegurou que “non é o mesmo un plató de televisión que o consello de ministros de Europa. Non é o mesmo saber como saímos todos xuntos do burato que meternos no burato”.

No acto de clausura da convención municipal do Partido Popular galego, estivo presente a vicepresidenta do goberno Soraya Saenz de Santamaría. Tamén estivo a ministra Ana Pastor e durante a xornada do sábado, o coordinador da campaña, Pablo Casado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos