9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

O PPdeG denuncia a politización de Monte Pindo Parque Natural

“Nas súas manifestación exhiben bandeiras de grupos políticos e non contan co apoio dos veciños” asegura a deputada Marisol Piñeiro Martínez.

O debate parlamentario do día despois de Nadal serviu para que a deputada popular carnotán Marisol Piñeiro atacara verbalmente a asociación Monte Pindo Parque Natural, coa que mantén unha vella discrepancia e un enfrontamento mutuo.

Para Marisol Piñeiro, a asociación Monte Pindo Parque natural é unha entidade “totalmente politizada xa que nas súas manifestacións exhiben as bandeiras de grupos políticos e non conta co apoio dos veciño de O Pindo, que os chegaron a apupar no único acto que fixeron neste lugar”.

Piñeiro Martínez afirma que este colectivo está composto “practicamente na súa totalidade” por xente que non é do Pindo e que aínda que actúan de boa fe non coñecen “a verdadeira realidade do Pindo”. Pensa que na asociación “o único fin real que perseguen é o acoso e derribo do Partido Popular e do Goberno da Xunta de Galicia”.

A parlamentaria do PPdeG volveu a referirse sobre as peticións de distintos colectivos e partidos políticos para que o Monte Pindo conte coa declaración de Parque Natural: “O Monte Pindo xa conta coa máxima protección medio ambiental e non existe ningunha disposición legal que outorgue máis garantías de conservación aos espazos declarados parques naturais fronte aos que forman parte da Rede Natura, como neste caso o monte Pindo”.

Marisol Piñeiro manifestou que “os veciños de O Pindo non están pola labor de declarar este monte como parque natural” e salientou o traballo de conservación realizado pola Xunta de Galicia “sempre seguindo criterios técnicos e actuando con responsabilidade e sabendo o que se fai para a recuperación deste espazo”.

FOTO-PPdeG- Marisol Piñeiro primeira pola esquerda

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos