7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

«Arde o país e discutimos de quen son as mangueiras»

Xosé Manuel Beiras aproveitou o discurso no debate sobre o estado da autonomía para pedir a unión das forzas que apostan pola emancipación social de Galicia a carón das mareas cidadanas.

O voceiro da Alternativa Galega de Esquerda foi o máis combativo no debate sobre política xeral celebrado no Parlamento de Galicia, pero ao marxe da contundente crítica ao executivo de Núñez Feijóo, Xosé Manuel Beiras aproveitou tan importante foro para reclamar a unión das forzas que creen “na emancipación social de Galicia” a carón das mareas cidadanas.

Beiras pide abandoar «as disquisicións doctrinarias de patio de colexio»

Beiras Torrado reivindicou que os partidos colaboren con estes movementos: “O protagonismo corresponde aos cidadáns e non a nós e polo tanto non debemos pretender suplantar a esa cidadanía loitadora e autoorganizada”.Para o líder de ANOVA os partidos teñen que ser “ferramentas para esa rebelión cívica” e deixar ao marxe as discrepancias partidistas e “pelear entre nós polos marcos das nosas leiras electorais”.

Xosé Manuel Beiras insistiu en pedir as formacións políticas que non se entretiveran “en disquisicións doctrinarias de patio de colexio” e apostou pola colaboración para que eses movementos sociais se artellen a » nivel nacional galego”.

“Arde o país e nós discutimos de quen son as mangueiras” reflexionou Beiras.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos