2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

Ucha:»Hai dúas opcións.Ou eles ou nós»

O candidato socialista a alcaldía de Santa Comba  e o seu partido están convencidos de que ganarán as eleccións municipais e aseguran que loitarán pola maioría absoluta.

O secretario de organización socialista, Miguel Caamaño aseguraba que manexan “sondeos internos” que indican unha victoria deste partido, e ademáis pensa que o triunfo ven avalado pola mala xestión do goberno actual e pola solvencia do seu candidato. Caamaño Espasandín acompañou a José Antonio Ucha no programa “Na Encrucillada”, que se emite en Radio Xallas 107.5 e en Fórmula Fun Bergantiños 91.9FM.

“Hai moitos intereses en que non entre eu”

José Antonio Ucha asegurou que era candidato “porque a xente me vota” e alertou da “falta de democracia” no municipio, advertindo que “este pobo non progresará mentras estea secuestrada polos de sempre”.“Aquí non se fixo absolutamente nada polo emprego” apuntou Ucha sostendo que “o reto desta lexislatura tiña que ser non baixar dos dez mil habitantes, xa nin tan sequera cumprir co da carretera”.

“Hai moitos intereses en que non entre eu. Intentarán promocionar a alternativas que se lle poida capturar despois os votos” declarou Ucha, convencido que desde o Partido Popular “promocionarán outras candidaturas que non sexan a nosa porque saben que van a perder as eleccións”.

Para o candidato socialista “hai dúas opción. Ou eles ou nós”. Entende que as demáis forzas políticas “andan ó que andan. Se poden mercadear un voto para calquera dos dous bandos”.Ucha pediu un voto responsable para evitar que “se mercantilice o voto” e teñan protagonismo “eses partidos bisagra que gobernan secuestrando a vontade popular”.

“Santa Comba quere un cambio”

José Antonio Ucha Velo pensa que “Santa Comba quere un cambio porque está cansada dos vellos caciques”, e puxo como exemplo de conductas estrañas a situación do Polígono Industrial:”As parcelas adxudicáronse  a catro espabilados, e non só non crearon nin un sómposto de traballo senó que venderon as parcelas para especular”. Tamén criticou os procesos de selección de personal poñendo como exemplo a última convocatoria dunha praza da Policía Local.

O portavoz socialista anunciou que a primeira medida que tomaría como alcalde sería “cumprir a lei e derrubar a praza do mercado” a que denominou como “praza de San Miguel”. José Antonio Ucha afirmou que a súa promesa principal “é ser honrado” e “estou libre de ataduras” porque, entre outras cousas “non aceptamos diñeiro sucio para as campañas”. Tamén deixou claro as súas expectativas“Nesta ocasión concurrimos para ter maioría absoluta».

Escoita a entrevista con José A. Ucha

Twitter @AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos