9.3 C
Santa Comba
miércoles, mayo 8, 2024

Feijóo reivindica a vocación maioritaria do PPdG

O presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou  unha reunión da executiva para motivar aos seus dirixentes e reivindicar o carácter maioritario do seu partido, nun día no que presentaba a Miguel Tellado como voceiro parlamentario.

O presidente do Partido Popular de Galicia pediu aos seus dirixentes que se esforcen en defende-los intereses dos galego e traballen para que o PP responda ao “aval que nos dan os cidadáns elección tras elección”.Alberto Núñez Feijóo  criticou que outras forzas políticas con menor respaldo electoral queiran impoñer as súas ideas, e insistiu en manter intacta  no PP, a “vocación maioritaria e de ser o partido das institucións e representante dos intereses xerais”.

«Non temos referentes como Bildu»

“Nós non temos como referentes nin Bildu nin  Esquerra Republicana de Cataluña. Nós temos como referentes o goberno socialista de Andalucía tampouco temos como referentes a  a Revolución bolivariana. Nos temos como referente a Galicia.Ós galegos. Esos que se levantan todas as mañán e están buscando unha solución para o problema do seu fillo” manifestou Feijóo.

Tellado, encargado de transmitir a sensibilidade do PP

O voceiro do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado asegurou que a súa función será a de comunicar os pensamentos, ideas, principios e valores do partido pero tamén “comunica o que sentimos” que como recoñeceu é “o principal déficit na comunicación política”, e sobre todo para facer fronte as críticas da oposición “que nos acusa de ser insensibles a realidade social” cando “o PP traballa desde as institucións para mellora-la calidade de vida das persoas”.

EN TWITTER @AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos