Terceiro convidado na Trencha de Adiante TV.
O secretario xeral do Partido Galego apelou a un traballo serio sen presións e sen buscar a estridencia: “Non vimos para chamar a atención. Vimos para liderar un proxecto útil para a sociedade galega”.
Engadiu que “non temos presa por chegar a ningún comicio. Queremos un partido sólido e forte”. Con todo isto xa presentaron varias agrupacións locais en Vigo, Ourense, Melide ou Santiago e a previsión é que “haxa varias candidaturas”. Unha das que se barallan é a de Santa Comba.
Maxi Vázquez está convencido que hai “un espazo sen cubrir” no taboleiro político de Galicia, cun 50% da poboación que opta pola abstención “nos convites electorais”e outra parte que “vota pola opción menos mala”.
Sobre outras experiencias que houbo no ámbito do galeguismo pensa que “moitas veces fallan as persoas” e o obxectivo do Partido Galego é ser “unha opción viable, ser un equipo, tendo claro os obxectivos e como actuar, e que liñas non se poden atravesar, sabendo o que pide a cidadanía”.
Considera imprescindible nos dirixentes políticos “un mínimo de dignidade, formación e capacidade” e reivindica “autogoberno” para Galicia e expresa a vontade do Partido Galego “de pactar e a dialogar co calquera forza”, sempre en defensa dos intereses de Galicia.