A XIV Poxa de Gando Frisón “memorial José Moreira” foi un gran broche para a Semana Gandeira organizada polo concello de Mazaricos.
Segundo a organización polo recinto feiral da Picota pasaron preto de dous milleiros de persoas. Vendéronse 23 vacas e xovencas por un importe total de 72.000 euros e un prrezo medio de 3.150.
Destacou un exemplar, a “Nuveira Conguita Husky Lad” que despois dunha animada poxa alcanzou os 5.000 euros.
Os tres exemplares máis cotizados
1- Nuveira Conguita Husky Lado – 5.000 euros
Vendida por J.M. Pérez a S.A.T. Busto Corzón.
2- Grille Discjocke Millemae 1543 Grille – 4.850 euros.
Vendida por Cooperativa Grille a Ganadería Xesteiro de Zas.
3- Cundíns XF SP. Baller Aiko Red – 4.000 euros.
Vendida por Granxa Cundíns a Granxa Riveiro de Vimianzo
O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco manifestou:”“Somos un concello gandeiro que xa se ten convertido nun referente estatal e europeo” quen considera que “xa pasou o tempo en que aprendiamos doutros, agora marcamos pautas no sector e somos unha referencia na gandería”.
Juan Blanco destacou que en Mazaricos “somos un exemplo de concello gandeiro, somos profesionais, dedicámonos ao agro e traballamos polo futuro do rural”.
Agradeceu o apoio para organizar o evento e a presenza este domingo da eurodeputada Ana Miranda e na véspera do conselleiro de Medio Rural, José González.