Como nas mellores ocasións, o auditorio do multiusos quedouse pequeno para acoller a toda a xente que non quixo perderse a estrea da obra teatral «As mulleres da mina«, dirixida por Lola Blanco, e representada por compoñentes da asociación de Mulleres Rurais de Santa Sabiña.
Sempre que esta entidade fai unha representación o éxito de público está asegurado. E nesta ocasión fontes municipais calculaban unha asistencia dunhas catrocentas persoas. Entre elas a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, o rexedor de Mazaricos, Juan Blanco, o portavoz do PSOE, José Antonio Ucha e varios membros do goberno e da oposición local xalleira.